Noticias y alertas

💗 Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama

17/06/2025

📆 Dende o 19 ata o 30 de xuño (agás os días 16, 17 e 18), haberá servizo de autobús gratuíto dende Mondariz ata o Hospital do Meixoeiro (Vigo), para todas aquelas mulleres citadas polo Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama.

🚌 Paradas en Mondariz:
– Lugar: parada regular de bus
– Horarios: 08:00 h e 11:30 h

📲 Este ano as citas enviaranse por SMS ao teléfono rexistrado na tarxeta sanitaria. As persoas sen móbil recibirán carta con toda a información e horarios do bus.

🔁 Tamén se poderá cambiar a cita dende a app Sergas Móbil (sempre que non estea pasada), pero non anulala.

👉 Lembra: este programa está dirixido a mulleres de 50 a 74 anos sen síntomas. Se notas algo fóra do habitual, acude ao teu médico de cabeceira.

Cuidarse é o primeiro paso.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies