Noticias y alertas

MUNDO EN PATINAXE! 🏆✨

16/06/2025

🔵 Este pasado sábado 14 de xuño, a cidade italiana de Reggio Emilia acolleu a final da World Cup de Patinaxe Artística por Grupos Show, un dos eventos máis prestixiosos a nivel internacional nesta disciplina. Alí, Galicia tivo un papel protagonista, grazas ao impresionante rendemento do grupo Show Grande do CPA Condado, de Salvaterra de Miño.

No medio de todas as patinadoras que brillaron sobre a pista, temos o orgullo inmenso de destacar a nosa veciña de Mondariz, María Montes, que formou parte do equipo campión e acadou o seu segundo título mundial nesta competición. 🔥💪

✨ Un espectáculo de luz, técnica, precisión e emoción, no que o equipo galego encantou ao público e ao xurado cunha coreografía impecable, destacando por riba de rivais de gran nivel procedentes de Italia, Francia, Portugal, Brasil e moitos outros países.

📣 O grupo, dirixido polo adestrador Edu Barreiro, fixo historia cunha actuación que combina arte e deporte, e que demostra o enorme potencial do patinaxe galego. A súa vitoria foi unánime e celebrada por todos os presentes.

🎖 Desde o Concello de Mondariz felicitamos a María Montes, a todo o equipo do CPA Condado, ao seu corpo técnico, e tamén ás familias que apoian día a día este esforzo. Grazas por levar o nome da nosa vila por todo o mundo!

📍 Lugar: Reggio Emilia, Italia
🗓 Data: 14 de xuño de 2025
🏆 Evento: Copa do Mundo de Grupos Show — Patinaxe Artística
👥 Equipo: CPA Condado
🥇 Categoría: Show Grande


🎉 ¡Seguimos sumando talento, ilusión e éxitos!

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies