05/06/2025
🗨️ Do 20 ao 27 de maio celebrouse en Mondariz o Taller Gratuito Internet: primeiros pasos, aplicacións útiles e administración electrónica, dirixido a persoas de 58 anos en adiante.
Durante varias sesións na Biblioteca Municipal, os participantes aprenderon a usar o móbil con máis autonomía, enviar mensaxes por WhatsApp, facer trámites de saúde en liña e moito máis, todo nun ambiente de aprendizaxe práctica e cercana.
Esta actividade foi promovida pola Fundación Cibervoluntarios, con financiamento da Unión Europea e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
👏 Grazas a todos e todas por participar con tanta motivación!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies