Noticias e alertas

🎶 Presentación da Cantata Folk "Ribeiras do Ortegal"

04/06/2025

🎵 🎶 Este domingo 8 de xuño, ás 12:00 h, Mondariz convértese en escenario de música e memoria coa presentación da Cantata Folk "Ribeiras do Ortegal", unha composición colectiva de alumnos e mestres do Conservatorio Mayeusis de Vigo.

Unha obra creada e interpretada polo alumnado e profesorado deste centro, que chega a Mondariz grazas á colaboración do propio conservatorio e do Concello de Mondariz. O espectáculo contará co grupo folk e os coros de alumnos e alumnas, e incluirá o acompañamento de gaita, frautas, clarinetes, violín, guitarra, arpa, piano, baixo e percusión.

No programa figuran pezas inspiradas en localidades costeiras do Ortegal, como "De camiño por Teixido", "Acuarela de Espasante" ou "Fronte á vila de Ortigueira, cara ao mar", así como temas instrumentais coma "Airiños de Duio" ou "Xota de Bares". Ademais, interpretaranse arranxos de temas populares coñecidos como "Catro vellos mariñeiros" ou "Rodaballo", nesta última acompañados por membros do Coro de Cantos Populares da Asociación de Maiores de Mondariz.

Un dos momentos máis emocionantes será a estrea da peza "Carballo Lendario", dedicada ao noso emblemático Carballo da Armada, composta polo mestre Ernesto Campos, como avance dunha futura obra que Mayeusis dedicará a Mondariz.

📍 Centro Social de Mondariz

🎟 Entrada libre ata completar aforo

Un encontro único entre tradición, talento e territorio. Non o perdas!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies