02/06/2025
📢O Concello de Mondariz informa:
Modifícase a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno da Corporación, que se celebrará finalmente o martes 3 de xuño de 2025 ás 20:30 h no Salón de Sesións da Casa do Concello.
ORDE DO DÍA:
Aprobación da acta anterior.
Delegación de competencias para a realización dos trámites do proxecto de acondicionamento e mellora do pavillón municipal.
Moción sobre sanidade presentada polo grupo municipal mixto PSOE.
Rogos e preguntas.
Poderás seguir a sesión en directo a través da seguinte ligazón:
Ver pleno en directo ( https://mondariz.seneca.tv/live)
Esta modificación responde á acumulación de traballo e á ausencia do secretario titular, co obxectivo de garantir o bo desenvolvemento institucional.
Pódese consultar o decreto completo no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia da sede electrónica.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies