30/05/2025
π£βοΈβΉοΈβοΈπ€ΈβοΈ O Concello de Mondariz organiza por segundo ano consecutivo para os meses de xullo e agosto, o programa de actividades de aventura "ππ¨π§ππ’π₯π’π ππ¨π―π ππππ"que se desenvolverá na Praia Fluvial do Val e a súa contorna.
ππ¬ππ π©π«π¨π π«ππ¦π ππ¬ππ ππ’π«π’π±π’ππ¨ π π«ππ©ππππ¬ π π«ππ©ππ³ππ¬ ππ ππ§ππ«π ππ π ππ ππ§π¨π¬.
O obxectivo do "Concilia Xove 2025" é que a mocidade de Mondariz goce do seu tempo de lecer dunha forma diferente á habitual durante as vacacións de verán, coñecendo novas amizades, descubrindo deportes refrescantes e aprendendo sobre a riqueza natural do entorno.
As actividades serán moi variadas:
- Kaiak activo: actividades acuáticas con kaiak, paddle surf, pelotas e outros materiais.
- Ximcana de probas variadas.
- Carreiras de orientación.
- Identificación de especies do ecosistema fluvial
- Limpeza do río en Kaiak.
- Observación astronómica
- Acampada (BUSHCRAFT: supervivencia)
Esta actividade NON TERÁ NINGÚN CUSTO para os/as participantes.
ππ¬ π©π«ππ³ππ¬ π¬π¨π§ π₯π’π¦π’πππππ¬!
A actividade realizarase nas datas que van desde o 1 de xullo ata o o 28 de agosto
O horario no que se desenvolverá será os martes e xoves de 10.00 a 14.00 horas, a excepción das acampadas (Bushcraft), que terán un horario de entrada ás 20.00 horas e saída as 14.00 horas.
O prazo de inscrición comezará ás 00.00 horas do martes 3 de xuño e rematará ás 14.00 horas do martes luns 16 de xuño.
As inscricións poderán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Mondariz en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou vía sede electrónica https://mondariz.sedelectronica.gal a través do formulario específico da actividade denominado "ππ§π¬ππ«π’ππ’π¨π§ ππ§ ππππ’π―π’ππππ ππ¨π§ππ’π₯π’π ππ¨π―π ππππ" , adxuntando a documentación correspondente segundo a situación de cada un.
Se queres consultar as bases podes facelo desde hoxe entrando neste enlace https://mondariz.sedelectronica.gal/board , tamén estará á vosa disposición a Ficha de inscrición (ANEXO I).
πáπ’π¬ π’π§ππ¨π«π¦πππ’óπ§:
Omix Mondariz de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Teléfonos: 986 664 306 /680 964 461
Correo electrónico: omix@mondariz.gal
Fuente: Concello de Mondariz
MΓ‘is informaciΓ³nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies