30/05/2025
β¨ Este sábado 31 de Maio, Leti Miraz, máis coñecida como Leti Da Taberna ven a Mondariz para presentar o seu espéctaculo "Enredada".
Un monólogo no que explora en ton irónico nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, "π¬ππππ
ππ
π" enche o escenario de luz e enerxía, provocando que os espectadores se vexan identificados coas situacións que se presentan e acaben ríndose de si mesmos.
Esta humorista e comedianta, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais de Instagram e Tiktok, converténdose nunha «taberneira virtual» que utiliza a ironía para realizar unha crítica social e a defensa continua do patrimonio inmaterial galego, da nosa cultura e dos nosos costumes.
Sábado 31 de maio
21:00 h
Auditorio Municipal de Mondariz
Entrada libre ata completar aforo
Ven a gozar dunha noite que promete ser moi divertida!
Fuente: Concello de Mondariz
MΓ‘is informaciΓ³nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies