30/05/2025
✨ Este sábado 31 de Maio, Leti Miraz, máis coñecida como Leti Da Taberna ven a Mondariz para presentar o seu espéctaculo "Enredada".
Un monólogo no que explora en ton irónico nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, "𝑬𝒏𝒓𝒆𝒅𝒂𝒅𝒂" enche o escenario de luz e enerxía, provocando que os espectadores se vexan identificados coas situacións que se presentan e acaben ríndose de si mesmos.
Esta humorista e comedianta, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais de Instagram e Tiktok, converténdose nunha «taberneira virtual» que utiliza a ironía para realizar unha crítica social e a defensa continua do patrimonio inmaterial galego, da nosa cultura e dos nosos costumes.
Sábado 31 de maio
21:00 h
Auditorio Municipal de Mondariz
Entrada libre ata completar aforo
Ven a gozar dunha noite que promete ser moi divertida!
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies