30/05/2025
🌃🔥 A noite máis máxica do ano achégase... e dende o Concello de Mondariz xa estamos a preparar todo para celebrar San Xoán con lume e tradición!
O prazo para solicitar autorización de fogueiras abrirá o luns 2 de xuño e permanecerá aberto ata o xoves 19 de xuño.
Como facer a solicitude?
Presencialmente: No Rexistro Xeral do Concello en horario de mañá.
Online: A través da sede electrónica: https://mondariz.sedelectronica.gal
IMPORTANTE: As asociacións deben presentar obrigatoriamente a solicitude a través da sede electrónica.
Só se autorizarán aquelas fogueiras que cumpran coa normativa vixente e conten coa autorización previa do Concello.
Celebremos unha noite máxica, segura e con moita responsabilidade!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies