29/05/2025
⚽ O pasado sábado vivimos unha desas xornadas que quedarán gravadas na historia do noso deporte local. O equipo xuvenil do Mondariz F.C. demostrou que os soños se loitan ata o final… E consíguense!
Despois de caer 4-0 no partido de ida, todo parecía perdido. Pero este equipo non se rende. No derradeiro partido de liga, na casa, comezaron perdendo 0-1… e aínda así, creron. E fixeron crer a todo Mondariz.
Chegaron a remontar cun impresionante 5-1, forzando a prórroga… E finalmente, a tan sufrida tanda de penaltis. E foi aí onde se fixo realidade: ¡Ascenso acadado!
Grazas a todo o equipo técnico e xogadores polo esforzo, pola paixón e pola entrega durante toda a tempada. Grazas tamén a esa afección que nunca falla, que anima nas boas e nas malas, e que empuxou ao equipo cara a gloria.
Hoxe Mondariz está orgulloso de vós. Porque o que fixestes é máis ca fútbol. É exemplo, é unión, é corazón.
PARABÉNS MONDARIZ F.C. XUVENIL!!
Este soño é voso… e de todo o pobo!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies