Noticias e alertas

Reunión coa directora de SEAGA

28/05/2025

🌲🌿 O Concello mantivo unha reunión coa directora de SEAGA na que se trataron diversos temas clave para a xestión forestal e ambiental do noso municipio.
Entre os asuntos abordados destacan:
A formalización dun convenio de colaboración para a identificación das zonas das faixas secundarias
A obtención de frondosas para a súa posterior plantación unha vez realizadas as limpezas
A proposta de mellora das pistas forestais que dan acceso a montes e zonas naturais
E outras actuacións e propostas en estudo, co obxectivo de avanzar cara a unha xestión forestal sostible e segura
Seguimos traballando por un Mondariz máis verde, seguro e ordenado, apostando pola colaboración entre administracións e o coidado do noso territorio.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies