Noticias e alertas

✨📽️ Mondariz convértese nun plató internacional!

28/05/2025

🎥 Este mércores 28 de maio, a nosa querida Praia do Ceo será o escenario dunha noite máxica e inesquecible!

Un programa especial presentado por Carlucho, recoñecido humorista e presentador cubano, será gravado e emitido en directo para Miami, e ti podes ser parte do público e vivir esta experiencia única!

Pero iso non é todo…

O Bruxo Queiman tamén estará presente para poñer o broche final cunha queimada máxica, con lume, conxuro e moita tradición galega! Un espectáculo que mestura cultura, maxia e emoción para deixar a todos coa pel de galiña!

Este evento é posible grazas á colaboración coa axencia Enjoy Galicia, que traballa para poñer en valor a nosa terra e achegala ao turismo internacional. Unha gran oportunidade para dar a coñecer Mondariz ao mundo, ensinando o que nos fai especiais: paisaxe, xente e tradición.

Mércores 28 de maio

Acceso desde as 22:00 h

Emisión en directo para Miami: 23:00 h

Praia do Ceo, Mondariz

Humor, música, queimada, televisión e moito orgullo pola nosa vila!

Vén e participa!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies