Noticias e alertas

🍃🌿 Tarefas de desbroce

27/05/2025

🚜 Dende o Concello estamos a darlles duro ás tarefas de desbroce para ter cada camiño, estrada e sendeiro nas mellores condicións posibles canto antes.

Nestes días estamos a priorizar as zonas de paso para deixar todo listo para o Día da Franqueira, unha cita moi especial para moitas persoas da nosa vila e comarca. Queremos que todas as veciñas e veciños poidan facer o percorrido con seguridade e comodidade, especialmente aqueles que acompañan ás santas nesta romaría tan nosa.

Estas tarefas estanse a realizar en coordinación coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra, sumando esforzos para manter as vías municipais en bo estado e garantir un acceso seguro para todos e todas.

Grazas pola vosa paciencia e comprensión mentres realizamos estas melloras tan necesarias.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies