Noticias e alertas

🎨 A creatividade da mocidade de Mondariz enche de valor a conmemoración das Letras Galegas!

26/05/2025

✨ No marco dunha iniciativa conxunta entre o Concello de Mondariz e o CPI de Mondariz, alumnado do centro participou no Concurso de Deseño do Detalle das Letras Galegas 2025, creando propostas únicas para representar esta data tan especial.

A gañadora foi Ylenia, cuxo deseño destaca pola súa orixinalidade, simbolismo e identidade. A súa creación foi reproducida e entregada como agasallo nas actividades organizadas polo concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Parabéns a Ylenia e a todas as persoas participantes por poñer en valor a nosa cultura desde a creatividade e o entusiasmo da mocidade!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies