Noticias e alertas

🧑👧 Concilia verán 2025

20/05/2025

📢 Informamos a todas as persoas interesadas que o próximo venres 23 de maio abre o prazo de inscrición da actividade "CONCILIA VERÁN" que o Concello de Mondariz organiza para este ano.

Esta actividade está incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral "MONDARIZ CONCILIA" e vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos preferentemente empadroados/as en Mondariz, cuxos proxenitores/titores precisen desta conciliación por estar traballando, ter persoas dependentes ao seu cargo, realizar un curso de formación ou atoparse en situación de especial vulnerabilidade.

Esta actividade NON TERÁ NINGÚN CUSTO para os/as participantes.

A actividade realizarase nas datas que van desde o 1 de xullo ata o o 29 de agosto.

O horario será de 9.00 a 14.00 horas, con posibilidade de ampliar media hora na entrada e na saída co Servido de Garda (8.30 a 14.30h) e o Servizo de Tupper ata ás 16.00 horas (os/as nenos/as traerán o xantar da casa)

As inscricións poderán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Mondariz en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou vía sede electrónica https://mondariz.sedelectronica.gal a través do formulario específico da actividade denominado "Inscrición en Campamento Concilia Verán 2025", adxuntando a documentación correspondente.

O prazo de inscrición comeza o venres 23 de maio e remata ás 14.00 horas do luns 2 de xuño.

Se queres consultar as bases podes facelo desde o martes 20 de maio entrando neste enlace https://mondariz.sedelectronica.gal/board , tamén estará á vosa disposición a Ficha de inscrición (ANEXO I).

Máis información:

Omix Mondariz de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Teléfonos: 986 664 306 /680 964 461

Correo electrónico: omix@mondariz.gal

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies