Noticias e alertas

📚 II Serán das Letra en Gargamala

20/05/2025

🌄 Gargamala énchese de poesía, música e comunidade o vindeiro 24 de maio co II Serán das Letras.

Un día para camiñar, escoitar, sentir e celebrar a palabra viva no corazón do rural.

11:00 h – Comezamos co Roteiro Literario “Camiño do Torreiriño”

Punto de encontro: Monólito de Celso Emilio Ferreiro

Paradas poéticas:

O Torreiriño

Petroglifos de Campo Redondo

Muíño de Xan de Alén

Muíño da Torre

20:00 h – Recital poético con sesión de micro aberto

No Torreiro da Igrexa de Gargamala, acompañado pola música das Pandereteiras de Gargamala, que porán ritmo e emoción a unha noite para lembrar.

Organizan:

@ecos.gargamala

@seran.das.letras

E Asociación de Mulleres Rurais de Gargamala - AMURUGA

Un encontro para compartir voz, terra e comunidade.

Estades todas e todos convidados!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies