02/05/2025
📆 Maio chega cargado de cultura e emocións en Mondariz co Mes da Nosa Lingua! Unha programación diversa para todos os públicos, onde a música, o teatro, os libros e as tradicións toman protagonismo.
Aquí tes todas as actividades programadas:
3 sábado – VII Trail Orixes
Praza de España, saídas a partir das 7:30 h
Organiza: Asociación Deportiva de Mondariz
4 domingo – Representación teatral familiar "A Tarabela Ambulante: IDEA"
Auditorio Municipal, 18:30 h
10 sábado – Espectáculo teatral "As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante"
Auditorio Municipal, 21:00 h
17 sábado – Día das Letras Galegas: Acto de homenaxe ás Pandereteiras de Mondariz
Auditorio Municipal, 17:00 h
18 domingo – Contacontos teatralizado "O censor dos monstros"
Xardíns do Concello, 18:30 h
24 sábado – Presentación do libro "A música de tradición oral en Mondariz" de Xosé Ramón Paz Antón
Auditorio Municipal, 20:00 h
Organiza: Asociación Ecocultural Búrbida
24 sábado – I Festival Alborexar
Praza de España, 21:30 h
Organiza: Asociación Cultural e Artística Alborexar
31 sábado – Monólogo de Leti da Taberna "Enredadas"
Auditorio Municipal, 21:00 h
Vén gozar da cultura, da nosa lingua e das xentes que fan de Mondariz un lugar vivo e comprometido co noso patrimonio. Agardámoste!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies