25/04/2025
🎭 Este domingo 27 de abril ás 20:00 h, o Auditorio Municipal de Mondariz acolle a representación do Obradoiro de Teatro Comunitario “Sobroso”!
Un espectáculo cheo de humor, lembranzas e historias cotiás construídas polas nove persoas participantes no obradoiro de Vilasobroso, que se implicaron dende o mes de setembro nesta aventura teatral organizada polo Concello e guiada polo artista local Giovanni Peixoto.
Entre contos, liortas, viaxes, agasallos “especiais” e algún que outro pao polo lombo, a xentiña deste lugar dará vida a un espectáculo entrañable e moi noso.
Entrada con sistema de entrada inversa:
non hai prezo fixo, ti decides ao final canto queres ou podes achegar. A túa colaboración axuda a que o teatro comunitario siga vivo en Mondariz.
Se queres rir, emocionarte e recoñecer anacos do teu día a día enriba do escenario… non faltes!
Agardámoste co corazón aberto e moitas historias que compartir.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies