Noticias e alertas

Filipa cos Contos 2025!🪄

25/04/2025

📚 Este domingo 27 de abril ás 18:00 h chega a Mondariz unha actividade moi especial para toda a familia: Filipa cos Contos 2025!

Fran Campos e a súa inseparable amiga Filipa achegarán aos Xardíns do Concello (ou á Biblioteca Municipal en caso de choiva) unha sesión de contacontos teatralizado que mestura historias tradicionais, música en directo, xogos, títeres e moito humor.

Será unha sesión “filipante”, chea de contos de aquí e de acolá, contos cantados, xogos de palabras e moita participación do público. Pequenos e maiores poderán gozar dun espectáculo pensado para todas as idades.

Actividade de balde e aberta ata completar aforo.

Organiza o Concello de Mondariz en colaboración coa Xunta de Galicia a través do programa cultural Ler Conta Moito.

Non perdades esta tarde de contos, música e fantasía!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies