25/04/2025
馃摎 Este domingo 27 de abril ás 18:00 h chega a Mondariz unha actividade moi especial para toda a familia: Filipa cos Contos 2025!
Fran Campos e a súa inseparable amiga Filipa achegarán aos Xardíns do Concello (ou á Biblioteca Municipal en caso de choiva) unha sesión de contacontos teatralizado que mestura historias tradicionais, música en directo, xogos, títeres e moito humor.
Será unha sesión “filipante”, chea de contos de aquí e de acolá, contos cantados, xogos de palabras e moita participación do público. Pequenos e maiores poderán gozar dun espectáculo pensado para todas as idades.
Actividade de balde e aberta ata completar aforo.
Organiza o Concello de Mondariz en colaboración coa Xunta de Galicia a través do programa cultural Ler Conta Moito.
Non perdades esta tarde de contos, música e fantasía!
Fuente: Concello de Mondariz
M谩is informaci贸nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estad铆sticos sobre h谩bitos de navegaci贸n. El uso de cookies es necesario para la notificaci贸n de incidencias. Si contin煤a navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener m谩s informaci贸n, o bien conocer c贸mo cambiar la configuraci贸n, en nuestra Pol铆tica de cookies