Noticias y alertas

📢 Comunicado do Concello de Mondariz sobre o servizo de Pediatría

11/04/2025

👨‍🔬👩‍🔬 Comunicado do Concello de Mondariz sobre o servizo de Pediatría

Queremos informar á veciñanza que, en relación coa manifestación convocada para hoxe ás 20:00 horas sobre a situación da Pediatría en Mondariz, desde o Concello consideramos importante aclarar o seguinte:

O servizo de Pediatría *non foi eliminado nin suprimido*. O pediatra titular estivo de baixa por motivos de saúde (incapacidade temporal), algo que pode ocorrer en calquera ámbito profesional. Durante este tempo, e sempre que foi posible, acudiu outro pediatra para facer substitucións puntuais.

A boa nova é que o *pediatra titular reincorpórase con normalidade este mesmo luns*, polo que o servizo volverá funcionar como habitualmente.

Entendemos a inquedanza que pode xurdir cando se trata da saúde das crianzas, e por iso queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade. Desde o Concello *seguimos en contacto coa xerencia sanitaria* para garantir que se cubran estas ausencias sempre que sexa posible.

Cremos firmemente que o diálogo e a colaboración son as mellores ferramentas para resolver calquera dificultade. *O ruído e as pancartas non sempre axudan a mellorar a situación, e ás veces xeran máis confusión que solucións.*

Sabemos que aínda quedan cousas por mellorar, e somos conscientes de que ás veces xorden deficiencias nos servizos. Pero tamén pedimos comprensión ante o alarmismo que, en ocasións, pode non reflectir con exactitude a realidade.

Agradecemos o compromiso da veciñanza e seguiremos traballando para que Mondariz teña uns servizos públicos de calidade, accesibles e próximos a todas as persoas.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies