02/04/2025
๐ Este mes, a lectura, a música, o teatro e a infancia toman protagonismo en Mondariz cunha programación cultural diversa e pensada para todos os públicos. Non perdas ningunha cita!
Aquí van algúns dos momentos destacados:
12 de abril – 20:00 h
Presentación do libro “O Clan das Barbies” coa autora Antía Yáñez + coloquio na Biblioteca Municipal.
19 de abril – 17:30 a 20:30 h
Festa Infantil de Primavera na Praza de España
Espectáculo musical “A Bailar” + inchables gratuítos (en caso de choiva no Pavillón Municipal).
Do 23 ao 30 de abril
Libros para tod@s: leva un libro nos postos da Praza de Abastos e da Biblioteca Municipal, grazas ás doazóns veciñais.
27 de abril – Dobre sesión cultural:
18:00 h → “Filipa cos contos 2025”, contacontos teatralizado nos Xardíns do Concello (en caso de choiva na Biblioteca Municipal).
20:00 h → Representación do Obradoiro de Teatro Comunitario “Sobroso” no Auditorio Municipal.
Participa, vive a cultura e celebra connosco o Mes do Libro en Mondariz!
Fuente: Concello de Mondariz
Mรกs InformaciรณnCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies