Noticias y alertas

📚 Abril en Mondariz: Mes do Libro, Mes da Cultura! 🌸📖

02/04/2025

📚 Este mes, a lectura, a música, o teatro e a infancia toman protagonismo en Mondariz cunha programación cultural diversa e pensada para todos os públicos. Non perdas ningunha cita!

Aquí van algúns dos momentos destacados:

12 de abril – 20:00 h

Presentación do libro “O Clan das Barbies” coa autora Antía Yáñez + coloquio na Biblioteca Municipal.

19 de abril – 17:30 a 20:30 h

Festa Infantil de Primavera na Praza de España

Espectáculo musical “A Bailar” + inchables gratuítos (en caso de choiva no Pavillón Municipal).

Do 23 ao 30 de abril

Libros para tod@s: leva un libro nos postos da Praza de Abastos e da Biblioteca Municipal, grazas ás doazóns veciñais.

27 de abril – Dobre sesión cultural:

18:00 h → “Filipa cos contos 2025”, contacontos teatralizado nos Xardíns do Concello (en caso de choiva na Biblioteca Municipal).

20:00 h → Representación do Obradoiro de Teatro Comunitario “Sobroso” no Auditorio Municipal.

Participa, vive a cultura e celebra connosco o Mes do Libro en Mondariz!

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies