02/04/2025
🌳 O pasado 24 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI de Mondariz participou nunha xornada educativa e moi especial de plantación de frondosas no Monte Comunal de Toutón.
A actividade, organizada pola Comunidade de Montes de Toutón coa colaboración do Concello de Mondariz, Deputación de Pontevedra, ANPA Río Tea e outras entidades, comezou cunha charla-coloquio sobre a importancia da preservación dos nosos montes, seguida dunha camiñada e da plantación de especies autóctonas.
Grazas a todas as persoas implicadas por facer posible esta experiencia tan enriquecedora, que non só ensina a coidar o medio ambiente, senón que axuda a construír unha comunidade máis consciente e comprometida co seu entorno.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies