31/03/2025
🟣 A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES – Cando o "felices para sempre" non é suficiente
Os contos de fadas ensináronnos que as princesas deben esperar a ser rescatadas, que o amor romántico o pode todo e que o final feliz sempre inclúe un príncipe azul. Pero… e se Cincenta decidise que non quere ese final?
Nunila López Salamero e Myriam Camero preséntannos unha historia chea de humor e intelixencia que desmonta os falsos mitos do amor romántico e reivindica o dereito a ser libres e felices sen encaixar en moldes impostos.
Por que ler este libro?
Porque cuestiona os estereotipos que nos impuxeron durante xeracións.
Porque fala de temas de actualidade como a violencia de xénero e a autoestima.
Porque aprender a querernos a nós mesmas é o primeiro paso para ser realmente felices.
Un conto moderno, divertido e necesario para ensinar ás novas xeracións que o amor non é sacrificio, que as mulleres non precisan ser salvadas e que o verdadeiro final feliz comeza por un mesmo. Porque ás veces, non querer comer perdices é o maior acto de valentía!
O poden atopar na Biblioteca Xoán Pérez Labaca de Mondariz
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies