Noticias e alertas

📢 Comeza a redacción do proxecto para humanizar a subida ao cemiterio e crear o novo Parque Castelao 🌳🛤️

28/03/2025

👷‍♀️👷‍♂️O Concello de Mondariz pon en marcha a redacción do primeiro dos proxectos que mellorarán a contorna do cemiterio municipal, co respaldo da Xunta de Galicia a través dun Plan Hurbe, comprometido co futuro de Mondariz.

Esta primeira actuación céntrase en:

A humanización da subida ao cemiterio, mellorando accesibilidade, seguridade e integración paisaxística.

A creación do Parque Castelao, que transformará a carballeira fronte ao cemiterio nun espazo de lecer, encontro e natureza para toda a veciñanza.

Este proxecto marca o inicio dunha serie de melloras na zona, coa vista posta nun entorno máis digno, funcional e acolledor para veciños e visitantes.

Mondariz avanza. E facémolo paso a paso, con compromiso e visión de futuro.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies