25/03/2025
🟣 GALEGAS NA CIENCIA – As pioneiras que abriron camiño
Durante séculos, as mulleres tiveron que loitar para abrirse paso no mundo da ciencia e a tecnoloxía. Este libro rescata as historias de vinte científicas galegas que, a pesar dos obstáculos, das burlas e dos prexuízos, conseguiron entrar nun ámbito que lles estivo vetado durante tanto tempo.
Desde Isabel Zendal no século XVIII ata as científicas dos anos 50, Isabel Blanco percorre as traxectorias de mulleres que, con determinación e talento, fixeron avanzar o coñecemento e abriron portas para as xeracións futuras.
Por que ler este libro?
Porque rinde homenaxe ás pioneiras da ciencia en Galicia.
Porque visibiliza os retos que tiveron que superar para ser recoñecidas.
Porque hoxe miles de mulleres seguen os seus pasos, e este libro inspíraas a seguir soñando sen límites.
Unha obra necesaria para romper estereotipos, reivindicar o papel das mulleres na ciencia e animar ás novas xeracións a explorar, investigar e descubrir. Porque a ciencia tamén é cousa de mulleres!
O poden atopar na Biblioteca Xoán X. Pérez Labaca de Mondariz
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies