Noticias y alertas

🎨 GALEGAS NAS ARTES

24/03/2025

🟣 GALEGAS NAS ARTES – Mulleres que romperon silencios e pintaron a súa propia historia.

Durante séculos, o mundo da arte negoulles espazo ás mulleres. Só eran aceptadas como artesás, e mesmo aquelas que lograban recoñecemento facíano sempre á sombra dun home. Non podían estudar na Academia, non podían copiar ao natural, non podían expoñer… pero non deixaron de crear.

Neste libro, Isabel Blanco percorre as vidas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais (fotógrafas, pintoras e escultoras) nadas entre finais do século XIX e a metade do XX. Mulleres cuxo talento foi silenciado, cuxa loita foi invisibilizada, pero que, co seu espírito de liberdade, abriron camiño para todas as que viñeron despois.

Por que ler este libro?

Porque rescata historias de artistas esquecidas pola historia.

Porque amosa como as mulleres loitaron contra o patriarcado na arte.

Porque a arte tamén é feminismo e memoria.

Douscentos setenta anos despois da fundación da Real Academia de Belas Artes, é hora de contar a verdadeira historia das artistas galegas. Porque a arte non entende de xénero, pero o mundo si… e xa vai sendo hora de cambialo!

O poden atopar na Biblioteca Xoán X. Pérez Labaca de Mondariz

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies