24/03/2025
🛣️O alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, trasladou á Xunta de Galicia diversas demandas para mellorar as infraestruturas do municipio, nun encontro coa conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Agradeceu a súa predisposición para estudar estas necesidades en breve prazo e confiou en que pronto haberá boas noticias para Mondariz.
Melloras na estrada PO-252 Mondariz-Moscoso
Arranxo da curva de Lougares, con caída de talude.
Mellora da ponte entre Val e Riofrío para unha mobilidade máis segura.
Ensanchamento de curvas e reposición do firme, deteriorado polas escorrentías.
Acondicionamento do acceso ao cemiterio municipal
Solicitude dun Plan Hurbe para mellorar a subida ao cemiterio e crear prazas de aparcamento.
Accións en vivenda pública
O alcalde interesouse nas liñas de axuda para favorecer o acceso á vivenda no casco urbano de Mondariz, tanto para veciños como para novos residentes.
Novo Parque Castelao na Carballeira fronte ao Cemiterio
Mondariz contará cun novo espazo verde e de lecer para todas as idades, co obxectivo de recuperar e poñer en valor a carballeira situada fronte ao cemiterio municipal. Este novo parque será un punto de encontro para a veciñanza e un espazo natural para o descanso e o desfrute.
Seguiremos traballando para mellorar Mondariz e facer do noso concello un lugar máis seguro, accesible e habitable!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies