21/03/2025
📲 O Concello de Mondariz xa deu o primeiro paso para traer +Reto Dixital á nosa vila! Este programa está pensado para que as persoas maiores de 50 anos poidan aprender a usar a Administración Electrónica, apps sanitarias, banca móbil, redes sociais e moito máis.
Podremos ofrecer talleres diversos como:
Xestión de trámites coa Administración Electrónica.
Uso do Sergas, TELEA e outras aplicacións sanitarias.
Banca móbil e compras seguras por internet.
Redes sociais para estar máis conectados.
Seguridade en internet para navegar con confianza.
Cada taller terá 5 horas de duración e será impartido por profesionais en formación dixital.
Agardamos que pronto nos confirmen a concesión dos cursos! Seguiremos informando sobre as prazas dispoñibles e como anotarse. Porque a tecnoloxía non ten idade!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies