21/03/2025
馃摬 O Concello de Mondariz xa deu o primeiro paso para traer +Reto Dixital á nosa vila! Este programa está pensado para que as persoas maiores de 50 anos poidan aprender a usar a Administración Electrónica, apps sanitarias, banca móbil, redes sociais e moito máis.
Podremos ofrecer talleres diversos como:
Xestión de trámites coa Administración Electrónica.
Uso do Sergas, TELEA e outras aplicacións sanitarias.
Banca móbil e compras seguras por internet.
Redes sociais para estar máis conectados.
Seguridade en internet para navegar con confianza.
Cada taller terá 5 horas de duración e será impartido por profesionais en formación dixital.
Agardamos que pronto nos confirmen a concesión dos cursos! Seguiremos informando sobre as prazas dispoñibles e como anotarse. Porque a tecnoloxía non ten idade!
Fuente: Concello de Mondariz
M谩is informaci贸nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estad铆sticos sobre h谩bitos de navegaci贸n. El uso de cookies es necesario para la notificaci贸n de incidencias. Si contin煤a navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener m谩s informaci贸n, o bien conocer c贸mo cambiar la configuraci贸n, en nuestra Pol铆tica de cookies