18/03/2025
🟣 ÉRASE UNHA VEZ UNHA PRINCESA QUE SE SALVOU SOA – Cambiemos o conto xunt@s!
As princesas xa non esperan que as rescaten. Cortan as trenzas, constrúen as súas propias escaleiras e escriben os seus propios finais. Este marabilloso álbum ilustrado reúne contos inspiradores sobre as situacións inxustas ás que nos enfrontamos nenas, mulleres, nenos e homes, e como podemos empoderarnos para cambialas.
Por que ler este libro?
Porque reescribe os contos tradicionais cunha mirada feminista.
Porque mostra que as mozas poden salvarse soas e que os mozos tamén poden pedir axuda.
Porque a igualdade comeza con historias que nos ensinan a soñar doutro xeito.
Unha obra con ilustracións espectaculares para que tod@s, xunt@s, empecemos a escribir unha nova historia! Porque os contos xa non son como antes... e menos mal!
O poden atopar na Biblioteca Xoán Xosé Pérez Labaca de Mondariz
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies