Noticias e alertas

QUERES DAR O PASO Á TÚA INDEPENDENCIA? AGORA É MÁIS SINXELO QUE NUNCA! 🏡

07/03/2025

🏠 Se tes menos de 36 anos e estás pensando en vivir polo teu conta, ou xa vives de alugueiro, presta atención porque isto interésache

Bono Alugueiro Mocidade
Se xa vives de alugueiro ou estás buscando piso, podes recibir unha axuda de ata 250€/mes para pagar a renda. Así, terás un respiro para organizar as túas finanzas ou gozar de máis liberdade sen tanta presión económica.

Cando pedir a axuda?
Do 28 de febreiro ao 28 de marzo.

Como informarte?
Consulta todos os detalles e requisitos aquí:
xuventude.xunta.es

Bono Emancípate
Se xa tes o teu fogar ou acabas de mudarte, este bono axúdache cos gastos que veñen despois:

Ata 3000€ para mobles, electrodomésticos ou materiais básicos.

Gastos de mudanza cubertos, para que cambiarte de casa non sexa un problema.

Adaptación da vivenda, para poñela ao teu gusto sen arruinarte no intento.

Ata cando podo solicitalo?
Ata o 30 de abril.

Queres saber máis?
Toda a información aquí:
xuventude.xunta.es

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies