O punto limpo da Pobra recolleu o ano pasado 139 toneladas de residuos

23/01/2022

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

O departamento de Medio Ambiente do Concello daPobra , dirixido pola edila Genoveva Hermo, fixo balance da actividade no punto limpo do municipio durante o exercicio pasado, no incrementouse a cantidade de residuos recolleitos ata alcanzar as 139 toneladas. Isto supón un aumento de en torno ao 15 % con respecto ao ano anterior.

Entre os materiais máis depositados polos pobrenses no punto limpo aparecen a madeira, en primeiro lugar, seguida de restos de cascallos, chatarra, televisións e monitores, aparellos eléctricos e voluminosos. Así mesmo, e para complementar este servizo, que funciona de 10.00 a 13.00 horas de luns a sábado, o Concello implantou o pasado mes de xullo un punto limpo móbil no que se recolleron outros 422 quilogramos de residuos. Fuentes municipais valoraron moi positivamente a acollida deste colector itinerante, que cada mes pasa polo Maño, A Ribeiriña, Santo Isidro e O Colo de Arca, permanecendo sete días en cada un deses lugares.

Para rematar, apuntouse que nos dous minipuntos limpos urbanos -un fronte á casa consistorial e outra na praza do Emigrante- para a recollida de materiais como pilas, baterías, lámpadas, cartuchos de impresora ou cedés, entre outros, depositáronse máis de mil quilos de residuos durante o ano pasado.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies