O lago das Pontes, nove anos transformando a fisionomía da vila e o medio ambiente

13/05/2021

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) acaba de concederlle a bandeira azul á praia do lago das Pontes. É o primeiro areal interior da provincia e o segundo de Galicia en lograr este recoñecemento, segundo indican desde o Concello. «Isto sitúanos no mapa internacional do turismo, marca un punto de inflexión para o municipio [...], a bandeira azul é un símbolo de ecocalidade turística recoñecido en máis de sesenta países de todos os continentes», subliña a concelleira de Turismo, Elena López.

O lago inaugurouse, oficialmente, en agosto de 2012. O ano pasado producíronse os primeiros contactos con Adeac. «Veu unha inspectora a Galicia e achegouse á praia para examinala e ver as posibilidades que tiña, e díxonos que mellorando un par de cousas poderiamos optar á bandeira azul. E en novembro formalizamos a candidatura», repasa a edila. O proceso non resultou sinxelo. Adeac fixa uns criterios estritos en catro bloques: información e educación ambiental, calidade da auga, xestión ambiental e seguridade e servizos. «Teñen en conta a calidade da auga, que é excelente; a limpeza da praia, a parte manual e a mecánica; a recollida do lixo; ter uns aseos accesibles, zonas de sombra para persoas con mobilidade reducida e boa accesibilidade ao areal; o socorrismo, con dous profesionais obrigatorios por quenda, un fixo no punto de vixilancia e outro en movemento...», enumera López.

A maiores, a praia do lago das Pontes conta cun desfibrilador, desde o ano pasado, e cunha cadeira anfibia para facilitar o baño a persoas con mobilidade reducida, e dous quioscos que dan servizo aos usuarios. A obtención da emblemática insignia «compromete » ao Concello pontés «a manter uns estándares de calidade, que supoñen unha garantía para toda a veciñanza e os visitantes que se achegan á praia do lago», recoñece López. Lembra que, a partir de agora, «o areal deberá someterse a un esixente protocolo de seguimento e avaliación». O Concello, remarca, «levará a cabo todas as actuacións necesarias para cumprir cos requisitos que esixe Adeac para manter este distintivo, que avala a importancia de potenciar o lago como recurso turístico e os valores medioambientais do municipio».

A concelleira de Turismo remarca que a bandeira azul «é compatible cos deportes náuticos, o mergullo e o resto de actividades que se levan a cabo no lago e no entorno». Baralla a posibilidade de solicitar a certificación, como senda azul, para a Senda dá memoria, o itinerario que bordea o lago. E incide «nos beneficios que vai ter para As Pontes a bandeira azul», moi por amais, recalca, do custo adicional que implica o cumprimento dos requisitos esixidos para a súa obtención e a súa continuidade ao longo do tempo.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies