Noticias e alertas

CONCILIA SEMANA SANTA 2024

23/02/2024

✅ Informamos a todas as persoas interesadas que o día 1 de marzo abre o prazo de inscrición da actividade "CONCILIA SEMANA SANTA 2024" que o Concello de Mondariz organiza para este ano.

Esta actividade está incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral "MONDARIZ CONCILIA" e vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos preferentemente empadroados/as en Mondariz, cuxos proxenitores/titores precisen desta conciliación por estar traballando, ter persoas dependentes ao seu cargo, realizar un curso de formación ou atoparse en situación de especial vulnerabilidade.

De existir máis prazas que solicitudes, poderán acceder ao servizo os nenos e nenas empadroados/as que, cumplindo co baremo de idades requerido para participar nesta actividade (3 a 12 anos), os seus proxenitores/titores non se atopen en ningunha das situacións anteriormente descritas.

As persoas non empadroadas no Concello de Mondariz poderán presentar as solicitudes e quedarán nunha lista de agarda, e se hai prazas vacantes no momento de finalización do prazo de inscrición, chamarase por orde de entrada desa solicitude no rexistro do concello.

Esta actividade non terá ningún custo para os/as participantes.

As datas nas que se realizará a actividade serán o 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.

O horario será de 9.00 a 14.00 horas, con posibilidade de ampliar media hora na entrada e na saída co servido de garda. (8.30 a 14.30h)

As inscricións só poderán facerse entre os días 1 e 15 de marzo de decembro. as que se fagan fóra deste prazo serán desestimadas.

Se queres consultar as bases podes facelo desde hoxe entrando neste enlace https://mondariz.sedelectronica.gal/board , tamén estará á vosa disposición a ficha de inscrición (Anexo I).

Máis información e inscricións:
Omix Mondariz de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
 Teléfonos: 986 664 306 /680 964 461
 Correo electrónico: omix@mondariz.gal

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies