Noticias e alertas

Programación actividades socioculturais en Mondariz. Mes de xuño

31/05/2023

📅 Despois dun mes da lingua cheo de actividades socioculturais comprometidas coa cultura galega, damos paso a un mes de xuño marcado polo fin de curso.

Destacamos as actividades organizadas pola Escola Municipal de Música de Mondariz e colectivos sociais como Búrbida ou o club de lectura de Mondariz.

Chega o verán e tamén atopamos na programación saídas guiadas pola contorna natural coma a do sábado 17 de xuño, que xa avisamos que require inscrición na Omix Mondariz entre os días 12 e 16 dese mes.

A finais de mes, os días 24 e 25 de xuño, terá lugar un campionato de fútbol feminino nas instalacións deportivas da Lagoa. Trátase da primeira edición da #copameiga e conta co apoio do Concello de Mondariz

Tamén poderemos asistir á representación final do obradoiro de teatro comunitario que se desenvolveu durante os últimos meses na parroquia de Frades. O alumnado, dirixido por Giovanni Peixoto, representará a obra "SeráN'Aboal" na antiga escola unitaria de Aboal. Este obradoiro, xunto ao de Meirol, forma parte da terceira edición de obradoiros de teatro comunitario nas parroquias que vén organizando o Concello de Mondariz desde outubro de 2021. Esta iniciativa municipal chegou anteriormente ás parroquias de Mouriscados, Gargamala, Toutón e Sabaxáns, dinamizando socioculturalmente o rural e poñendo en valor a memoria e o patrimonio inmaterial de cada lugar.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies