Noticias e alertas

Programa "Da túa man" visibilización e modernización do comercio local

31/05/2023

🛍 No próximo ano desenvolveranse diversas actuacións municipais para apoiar a actividade comercial en zonas rurais por valor de 67.000€ no marco do programa #datuaman, grazas ao convenio de colaboración subscrito este mes de maio entre a Deputación Pontevedra e o Concello de Mondariz.

O programa #datuaman conta co financiamento do 80% do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea. A súa aplicación no Concello de Mondariz foi promovida polo alcalde Xosé Emilio Barros.

O OBXECTIVO xeral deste programa é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local, adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implementación e uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular.

A DURACIÓN e prazo de desenvolvemento é desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2024 para a execución, e ata o 30 de setembro de 2024 para a xustificación.

O Concello de Mondariz súmase deste xeito aos concellos de Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, As Neves, Rodeiro e Pontecesures

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies