Noticias e alertas

Cine móvil "José Gil"

02/06/2023

🎥 Este fin de semana, josegilcinema volve a Mondariz. Este sábado 3 de xuño, a Banda de Música Cultural de Mondariz actuará nos xardins do hotel BALNEARIO DE MONDARIZ ás 13:00 horas. Previamente poderá visitarse o Cinemobil 3 de José Gil e asistir á presentacion do libro “Nos días encantados de agosto”, escrito por Manolo González e recente Premio Anton Losada Diéguez de Investigación e Ensaio. As persoas que non puideron participar a finais de marzo no Concello de Mondariz nestas actividades para recuperar a memoria do pioneiro do cinema galego teñen agora outra oportunidade no veciño Concello de Mondariz Balneario. Alí estaremos apoiando esta iniciativa desde o Goberno municipal, en liña coa promoción da cultura cinematográfica que levamos a cabo durante os últimos años.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies