Noticias e alertas

Cambio de alumeado público

29/12/2021

EN 2022 HAI MOITOS INVESTIMENTOS proxectados, pero O CAMBIO A LED DE TODA A REDE MUNICIPAL DE ALUMEADO PÚBLICO, VALORADO EN MÁIS DE MILLÓN E MEDIO DE EUROS, é sen dúbida un dos máis importantes da historia recente do Concello de Mondariz.

A mediados de 2019 xa se falaba de que os fondos europeos do período 2014-2020 para investimentos relacionados co aforro e a eficiencia enerxética, inicialmente dirixidos a concellos de menos de 5.000 habitantes como o Concello de Mondariz, estaban case esgotados. Con todo, e á vista de que varios concellos da comarca aproveitaron esta oportunidade de cofinanciación para cambiar a LED a rede municipal de alumeado público, o Concello de Mondariz preparou catro proxectos para solicitar fondos europeos a través do IDAE e poder desenvolver esta necesaria modernización das infraestruturas e dos servizos básicos municipais.

Durante os primeiros meses deste ano recibíronse as aprobacións dos catro proxectos, todo un éxito para ter presentado as solicitudes cando o programa de fondos europeos estaba a piques de concluír, e o ano que vén comezarán as obras. O reto da execución non é menor porque o Concello de Mondariz debe facerse cargo dun considerable 20%, pero O INVESTIMENTO É DE TAL MAGNITUDE QUE SÓ O PODEREMOS VALORAR CANDO TEÑAN PASADO LUSTROS OU MESMO DÉCADAS. Esta actuación na rede municipal de alumeado público permitirá un aforro do 70% na factura eléctrica municipal que contribuirá a amortizar rapidamente ese 20% da financiación que ten que asumir o Concello de Mondariz e, co tempo, se dedicará á mellora das infraestruturas e dos servizos públicos municipais.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies