Noticias y alertas

Novo servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas

13/09/2021

Desde o Concello de Mondariz informamos que nas próximas semanas se porá en marcha un NOVO SERVIZO MUNICIPAL DE BALEIRADO DE POZOS NEGROS E FOSAS SÉPTICAS naquelas parroquias que non estean cubertas pola rede de sumidoiros. A prioridade é avanzar no saneamento municipal coa máxima eficiencia e igualdade, evitando as verteduras de augas residuais no río Tea e nos seus afluentes. Este novo servizo, que xa fora anunciado durante a primeira edición das charlas do Goberno nas parroquias, complementa os traballos para avanzar na ampliación da rede municipal de saneamento e dá resposta a necesidades acuciantes dun número considerable de veciñas e veciños que habita en entornos rurais sen sumidoiros públicos.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Noticias y alertas

Siguiente >
1/ 126

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies