Noticias e alertas

Escape room urbano

26/07/2021

Xa está ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA O ESCAPE ROOM URBANO do 7 de agosto na praza maior do Concello de Mondariz!

Trátase dunha actividade gratuíta por equipos (3-5 persoas) que está dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos e require inscrición previa na Omix Mondariz porque as prazas son limitadas. O período de inscrición está aberto entre o 22 de xullo e o 4 de agosto, pero pode pecharse antes de se completaren as prazas.

DE QUE VAI ESTE ESCAPE ROOM URBANO?

Trátase dun xogo de misterio e aventura no que os equipos deben superar varias probas. Nesta ocasión, as probas estarán relacionadas con mulleres que fixeron importantes contribucións sociais ao longo da historia. Esta actividade, ademais de ser unha experiencia dinámica e divertida, fomentará a conciencia sobre a igualdade de xénero e a necesidade de visibilizar a contribución das mulleres en diferentes ámbitos do desenvolvemento humano.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies