29/07/2024
👨🎨👩🎨 35 Feira dos oficios artesanais de Mondariz.- 2024
Venres, 2 de agosto de 2024. Xardíns do Concello.
- 21:00h. Pregón a cargo de Álvaro M. Leiro. Maestro cesteiro que fusiona o diseño contemporaneo con técnicas de producción ancestrais. Rescata e revitaliza a cestería tradicional, explorando a cestería en espiral con xuncos, silvas, palla e fibras naturais. A súa labor exténdese á recuperación, documentación e replica das corozas. Premio Nacional de Artesanía 2023.
- Actuacións Musicais: Grupo de Gaitas de Castromao e Alba Faro.
Sábado, 3 de agosto de 2024. Praza de Mondariz.
-11:00h. Apertura de postos de venda de produtos artesáns e gastronómicos e mostra de oficios: cesteiros, telleiros, zapateiros, ourives, torneiros... Intervencións teatrais de artesáns singulares.
13:00h. Sesión vermut a cargo dos Pandereteiros de Traspés, grupo que se adica á interpretación de cantos de tradición oral acompañados de percusión. Estes cantares son recollidos directamente por toda a xeografia galega, respectando as características propias de cada zona: xeitos de emisión, técnica de acompañamento, tipos de instrumentos empregados, repertorio e estilo. A posta en escena deste grupo pretende transmitir a forza dunha tradicion musical do rural galego e axudar ao mesmo tempo a mantela viva.
-11:00h a 14:00h. OBRADOIRO PARTICIPATIVO CONTINUO de Gyotaku aplicado a saquetas de tea. Impartido polos artesáns Ma José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop. Poderás aprender un método tradicional artístico xaponés que consiste na impresión natural dun elemento, en concreto dos peixes. Para facer o gyotaku entíntase un dos lados do peixe e presiónase suavemente coa man fregando sutilmente o papel para que o debuxo quede fixado. Ao acabar a técnica é habitual engadirlle algúns retoques, así como unhas pinceladas de cor, xa que orixinalmente se imprime empregando só a cor negra.
-14:00h a 18:00h. Peche temporal da feira.
- 18:00h. apertura de postos. Intervencións teatrais de artesáns singulares. Grafitti en vivo e en direto con Pablo Loyola.
-18:00h a 21:00h. OBRADOIRO PARTICIPATIVO CONTINUO de Gyotaku aplicado a saquetas de tea. Impartido polos artesáns Mª José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop. Para nenos e maiores.
- 22:30h. Actuación das Pandeireteiras "Guriñas do Castromao". Ó rematar gran concerto de "CAAMΑΝΟ Ε ΑΜΕΙΧEIRAS". Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman este dúo, no que crean unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.
Domingo, 4 de agosto de 2024. Praza de Mondariz.
- 11:00h. Apertura de postos artesáns de venda e demostracións.
- 11:00h a 14:30h. OBRADOIRO CONTINUO PARTICIPATIVO de Cianotipias. Impartido polos artesáns Mª José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop. Para nenos e maiores. Procedemento fotográfico no que, empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles a luz, exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en azul prusian. Inventado polo astrónomo inglés Sir Yohn Hersehel en 1842, inda que foi a botánica británica Anna Atkins a primeira en poñelo en prática publicando unha serie de libros documentando fieitos e prantas diversas en 1843.
12:00h. Actuacións dos gaiteiros e das pandeireteiras da Asociación Castromao de Mondariz.
- 13:00h. Sesión vermút e gran concerto do grupo musical "Abril". Claudia Abril e Marina Carpente son "Abril", unha proposta con melodías de raíz galega e ibérica adaptadas, con personalidade e frescor, a sons actuais. ABRIL traballa arredor da música tradicional creando un universo propio e orixinal onde se xuntan o violín, as percusións tradicionais e a voz.
-14:30h a 18:00h. Peche temporal da feira.
- 18:00h a 21:30h. OBRADOIRO CONTINUO PARTICIPATIVO de Cianotipias. Impartido polos artesáns Mª José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop. Para nenos e maiores.
- 19:30h. XXXIII EDICIÓN DO DÍA DA MUIÑEIRA a cargo da Asociación Folclórica Castromao de Mondariz. Grupo convidado: A.C. Barca de Loimil de Arbo.
-21:30h. Clausura da feira.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies