Noticias e alertas

🩺 Falta de pediatra no Centro de Saúde de Mondariz

01/12/2023

🏥 No día de onte, rexistramos uns escritos para a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e para a Dirección de Atención Primaria de Vigo, manifestando a nosa preocupación e a dos nosos veciños pola recente falta de PEDIATRA no Centro de Saúde de Mondariz.

Entendemos a importancia crucial da presenza de profesionais sanitarios especialmente no ámbito da pedriatía, para garantir unha atención adecuada ós nosos fillos. Lamentamos recibir queixas diarias dos usuarios nas que se indican a ausencia dun pediatra no centro de Atención Primaria de Mondariz dende o pasado mércores día 22 de novembro, xerando unha gran preocupación e malestar entre os pais e nais da zona.

Solicitamos as oportunas explicacións polas que non dispomos deste servizo en Mondariz e tamén as medidas concretas que se están tomando para solucionar inmediatamente esta brecha e garantir o acceso continuado ós servizos de atención pediátrica.

Dende o Concello, entendemos que a xestión do persoal no ámbito sanitario pode ser un reto, pero a saúde e o benestar dos nosos veciños, especialmente os máis novos, é unha prioridade.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies