Noticias e alertas

Club de lectura de Mondariz

22/09/2022

O CLUB DE LECTURA DE MONDARIZ, promovido por un grupo de veciñas e integrado desde principios de ano no Club de Lectura de Galicia a través da Biblioteca Municipal de Mondariz, recibe este venres, 23 de setembro, a visita da recoñecida autora galega Ledicia Costas para participar no faladoiro mensual sobre a novela "Golpes de luz", publicada na súa versión orixinal por XERAIS e na súa tradución ao castelán por Destino en 2021.

Aínda que se trata dunha actividade que só está aberta ás persoas que participan no CLUB DE LECTURA DE MONDARIZ, desde o Concello de Mondariz queremos visibilizar e recoñecer o dinamismo sociocultural que está promovendo este colectivo arredor da lectura, da conversa e da reflexión comunitaria.

As persoas interesadas en participar poden contactar coas coordinadoras a través dos números de teléfono indicados no cartel, ou ben dirixirse á Biblioteca Municipal de Mondariz en horario de atención ao público (L-V, 10:00-12:00 e 16:00-20:00) para recibir máis informació

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 127

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies