23/06/2022
Durante as primeiras dúas semanas de xullo, o Concello de Mondariz acollerá unha ESCOLA DE VERÁN DE HÓCKEY SOBRE PATÍNS no pavillón municipal, organizada polo Hoquei Club Ponteareas para introducir esta disciplina deportiva entre a mocidade. Esta actividade é gratuíta e está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos. Tamén se facilitarán os patíns, polo que as persoas que precisen patíns para participar deben indicar o número no formulario de inscrición.
As clases terán lugar os martes e xoves, entre os días 4 e 17 de xullo, en horario de 10:00 a 12:30 horas. Para inscribirse, hai que contactar coa Biblioteca Municipal de Mondariz por teléfono (986 664 333) ou correo electrónico (biblioteca@mondariz.gal).
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies