Noticias y alertas

Solucionada a débeda relacionada co centro de día de Mondariz

29/12/2021

Despois de dous anos e medio de arduas xestións e negociacións co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, que incluíron un recurso contencioso-administrativo iniciado en setembro de 2020, o Concello de Mondariz pode anunciar que A CRISE DE DÉBEDA RELACIONADA CO CENTRO DE DÍA DE MONDARIZ ESTÁ SOLUCIONADA.

COMO SE RESOLVEU O CONFLITO?
No verán de 2019, o Goberno municipal atopouse con reclamacións de pagamentos relacionados co centro de día de Mondariz. En 2017 entrara en vigor un novo sistema de cofinanciación e nos anos 2017 e 2018 non se pagaran as liquidacións que enviaba o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. No orzamento municipal daquel momento, prorrogado desde 2017, tampouco había partidas para asumir ese pagamento. A pesar das xestións e das tentativas de negociación co Consorcio, no verán do 2020 notificóuselle ao Concello de Mondariz que os 92.500 € correspondentes aos anos 2017 e 2018 serían retidos dos ingresos que debía recibir o Concello de Mondariz a través do Fondo de Compensación Interterritorial. Foi entón cando o Concello de Mondariz decidiu iniciar un preito para denunciar a presunta ilegalidade desta retención. En abril deste ano 2021, unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulle a razón ao Concello de Mondariz, polo que se abriu un novo ciclo de negociación co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, que aceptou compensar as cantidades retidas cos pagamentos correspondentes aos anos 2019 e 2020 e fraccionar en 25 mensualidades, desde xaneiro de 2022 até xaneiro de 2024, o pagamento da débeda histórica correspondente aos anos 2017 e 2018, como lle propuxo o Concello de Mondariz.

A aprobación dun orzamento municipal para 2021 que incluíra, por primeira vez, partidas suficientes para facer fronte aos pagamentos semestrais relacionados co centro de día foi parte da solución. Estas partidas permitiron normalizar a situación, co pagamento das liquidacións recibidas en tempo e forma.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies