Noticias e alertas

Ruta seminocturna " Os segredos da noite de Mondariz". Petróglifos e estrelas

21/07/2021

Xa está ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN para a vindeira actividade de verán do programa "MONDARIZ NATURA", que busca achegar o patrimonio natural e cultural do Concello de Mondariz a todas as persoas interesadas.

Trátase dunha saída seminocturna guiada cara os PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA, unha das xoias do patrimonio cultural do Concello de Mondariz. A actividade, dunhas 3 horas de duración aproximada, ten un percorrido de 5-6 km e está recomendada para persoas maiores de 12 anos. O período de inscrición estará aberto até o 4 de agosto, aínda que pode pecharse antes de chegaren a completarse todas as prazas dispoñibles e a listaxe de agarda prevista.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies