Noticias e alertas

BASES para participar no XIV Concurso de Carrozas e Comparsas do ENTROIDO 2023 do Concello de Mondariz

06/02/2023

📌As BASES para participar no XIV Concurso de Carrozas e Comparsas do ENTROIDO 2023 do Concello de Mondariz xa están publicadas no taboleiro de anuncios da SEDE ELECTRÓNICA municipal:
💻 https://mondariz.sedelectronica.gal

PERÍODO DE INSCRICIÓN As persoas que desexen participar terán de prazo para inscribirse ata o día 17 de febreiro incluído. Poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello de Mondariz, aberto de luns a venres en horario de 9:00-14:00 horas. No caso de non realizar esta inscrición, poderán participar pero non poderán optar a ningún premio nin axuda económica. Neste proceso de inscrición, terán preferencia os veciños e as veciñas do Concello de Mondariz e do Concello de Mondariz Balneario.

🎭 Lembramos que o desfile do ENTROIDO 2023 celebrase o día 19 de febreiro, domingo, e que os grupos participantes iniciarán o seu percorrido no CPI de Mondariz (avenida Grupo Escolar) ás 17:00 horas

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies