Noticias y alertas

Mondariz solicita colaboración urxente a Augas de Galicia para recuperar a senda do río Tea

19/01/2023

Durante as últimas semanas, os servizos técnicos do Concello de Mondariz realizaron unha avaliación dos danos provocados polas choivas e riadas dos días 25 de decembro de 2022 e 1 de xaneiro de 2023 no territorio, cifrando os desperfectos en 264.194,58 €, aproximadamente.

As sendas fluviais do Tea e do Aboal resultaron especialmente danadas polo desbordamento dos ríos. Tendo en conta que xa había un convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Mondariz e Ponteareas para a reparación de danos por riadas nas sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña aprobado en 2020 polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mondariz e que este estaba pendente de execución cando ocorreron as últimas riadas de finais de 2022 e principios de 2023, o Goberno municipal solicitoulle colaboración urxente a Augas de Galicia para afrontar esta reparación o antes posible.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies